Aeroporto de Canberra
O aeroporto de Canberra e un gran aeroporto que serve á capital de Australia, Canberra, ademais de á cidade próxima de Queanbeyan e a áreas das rexións do Territorio da Capital Australiana e de Nova Gales do Sur. Está situado a uns 8 quilómetros do centro da cidade, no distrito de North Canberra, e é o oitavo aeroporto máis concorrido do país. Opera voos directos á meirande parte das capitais estatais de Australia e rexionalmente voa a Newcastle, Dubbo e Gold Coast. Tamén ten voos internacionais a Nova Zelandia e Singapur.
Read article